O meu caso foi unha versión de concentrado de caldo ou dalgunha outra receita do país e, digo isto cun sorriso na boca, porque na miña casa ninguén pensou que nada puidera acontecer polo feito de ser meus pais curmáns e mozos, aparte dunha cuestión de amor. De amor e de consanguinidade claro, polo que o noso menú xenético adobóuse cunhas características propias que comezaron desenvolvendo unha carta como a que segue...
"Eu quero gozar de escribir o libro igual que a xente que o le, resultaríame aburrido ter todo o libro esquematizado e que xa soamente tivese que revisar, a tarefa de revisión viría despois. Se cando estás parindo perdes o momento máxico de dar a luz, para min perde todo o sentido do mundo a escrita. Na fotografía pasa igual, esa sorpresa final que che permite botar fóra o que tiñas dentro, ese efecto de sorpresa, de caos, esa válvula de descontrol e de caos é o que permite a liberación”.
"Nunca había nada que facer en Tui. En 1998 Cerviño mercou unha videocámara. Os pais de Cerviño mercáronlle unha videocámara. Nós estabamos, non sei, por aí, cando Cerviño trouxo a videocámara a primeira vez. Sempre estabamos por aí e tamén estabamos por aí cando chegou Cerviño coa videocámara. Gravamos o que sempre se grava nestes casos, a nós mesmos facendo acenos grotescos, forzando a elasticidade das nosas bocas e revirando as nosas pálpebras". (Gran tiburón branco)
"O que máis me gusta é axudar ás persoas, para iso formeime como Coach relacional na escola americana e comecei a facer sesións cunha amiga que me referenciou a outra amiga e así comecei a miña carreira profesional. Hai un par de meses mudei para A Coruña e agora estou aquí para revelar o coaching a todas as persoas que teñan interese en saber máis".
“Son unha persoa que vén de moitos sitios e de ningún, fundamentalmente música, pero en busca permanente de novas canles de expresividade, non só musicais, senón artísticas. Son moi comprometida coas miñas ideas e gústame moito improvisar. Nacín na Arxentina, vin con seis anos para unha aldea da costa da morte chamada Arou e logo mudei para a Coruña. Fixen Maxisterio Musical e na actualidade son a cantante de Luar na Lubre.”
Activista LGTBI en ALAS (Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña) || "Tardei moito tempo en darme conta que era bisexual e, ante a falta de referentes, fun pola miña conta experimentando na universidade, probando cousas, lendo moito e falando con amigas e xente coñecida até que dixen, pois é isto".
"Son unha deseñadora e ilustradora da Coruña, formada en Deseño Industrial e cunha traxectoria profesional vinculada á artesanía popular galega e ao deseño contemporáneo. O maior logro deste momento foi o Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña co título O Corpo de Cristo".
"Sobre os dous anos e pico Tián comezou a falar, pero logo estancouse. Notabamos que ía un pouco lento pero nin a pediatra nin na gardería nos alarmaron, dicían nada máis que era tímido. Logo unha terapeuta confirmou que o neno era autista”.
"Cando unha persoa ten un punto de destino para o que non hai camiños trazados, descobres que ao final o camiño tes que trazalo ti, poñendo un paso detrás doutro. A Igrexa débenos ás mulleres, por xustiza e por dereito, restablecer a nosa dignidade e dicirlle ao mundo: señores, non somos galiñas, somos outros alter ego coma vostedes, podemos facelo todo igual, temos os mesmos dereitos e aportamos cousas valiosas ao mundo".
A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna
"Para min sería moi difícil non ser un espírito libre, desde pequena tiven sempre a curiosidade de todo, con oito ou nove anos miraba para o ceo vendo pasar os avións e preguntábame a onde irían pensando que daría a miña vida por ir alá enriba. Non me entendían, eu quería ver o mundo, sempre fun moi inqueda e parecíame que estudar era importante pero estar sentada unha perda de tempo, porque eu precisaba tocar, sentir”.
Terapeuta humanista || "O primeiro que fixen foi participar activamente na coordinación das Brigadas Estudiantís de Base en Bogotá, encargándome de coordinalas e de dirixir os plans de estudo de textos marxistas que eran escritos na montaña polos líderes guerrilleiros. Ao mesmo tempo comecei a participar en accións militares, para o que recibín formación militar de tiro, de manexo de explosivos e de supervivencia na selva".
"Para min co contacto físico comeza todo, comeza a vida. É algo que precisamos todos os días, almorzamos, comemos, merendamos, ceamos, pero non nutrimos unha parte fundamental que é a do amor, dar e recibir amor para min é fundamental a nivel de saúde".
"Con respecto á sexoloxía considero que a educación afectivo sexual é unha tarefa pendente na sociedade, entendendo a sexualidade como unha dimensión sociolóxica, biolóxica e psicolóxica que está presente toda a nosa vida, diferenciando entre sexualidade e sexo, que son cousas completamente distintas. Cando fun vivir a Madrid descubrín a través da tenda de xoguetes eróticos “Os praceres de Lola” que había un mundo máis aló do puramente físico na sexualidade".
Coach de familitas reconstituídas || "Na universidade as clases eran o de menos, tiña moitas ganas de saír da casa e púxenme a traballar. Comecei no Mcdonals e foi emocionante, a universidade era o tempo que pasaba entre unha fin de semana e outra de traballo, pasei dun concepto do diñeiro abstracto a algo experiencial. Despois de xuntar diñeiro durante un ano busquei un piso compartido en Barcelona e marchei da casa, con dezanove anos coido que aprendín máis no Mcdonals que na universidade".
Capa da primeira edição do livro "Viventes das Alagoas", escrito por Graciliano Ramos e publicado 1962.
Barnes and Noble
Miniatura en una caja con forma de libros
Romeo y Julieta de William Shakespeare.
Pípala editorial. Editorial de libro ilustrado para pequeños y grandes. Pípala es el sello de libro ilustrado de Adriana Hidalgo editora