Engraving on metals such as (copper, silver, bronze, ...)
Estano Beach, Spain
A portada principal da igrexa conventual de Santa María de Nieva, xunto coa longa colección de capiteis do seu claustro, forman un conxunto iconográfico de moito interese, onde se incorporan escenas do ciclo da paixón de Cristo con labras de tipo haxiográfico e outras que aluden á tarefa cotiá de vivir, onde as actividades dos dominicos, propietarios do lugar, son moi indicativas daqueles tempos dos derradeiros séculos da Idade Media. O conxunto iniciouse a finais do século XIV e sería ampliado xa avanzado o século XV. É dunha gran beleza e resulta francamente estano ver unha obra desta calidade no medio dunha viliña minúscula case esquecida no páramo castelán. Esta imaxe dedícolla a un querido amigo que xa non está con nós, Pepe Tribiño, natural de Santa María, onde fica deitado para sempre. MÚSICA: Antonio Caldara - Magnificat: Sicut erat: Allegro youtu.be/372uLl4Y-eM