Aquí deixamos algunhas imaxes do proceso de elaboración do novo libro ilustrado por Marc Taeger para Kalandraka en colaboración cos obradoiros de debuxo e serigrafía artística da EMAO. Marc, que estivo fai pouco dando unha clase para o alumnado da EMAO, está a traballar no seu novo proxecto : as ilustracións do libro Elefante / Un guisante que están feitas con linóleo. Para saber máis sobre a técnica do linóleo podes clicar no enlace do obradoiro de pintura xa que a nosa compañeira, Paula, fixo unha reportaxe fotográfica do proceso paso a paso.